27/8/07
Adhesión da SGHN e Faltriqueira
O luns día 27 de agosto ás 12:00 horas, os veciños pechados no Concello de Mugardos recibiron a visita do Presidente e Vicepresidente da Sociedade Galega de Historia Natural, como acto de apoio e solidariedade. Esa mesma tarde ás 20:00 horas, na praza do concello de Mugardos actuou o grupo A Faltriqueira, de Pontedeume. O grupo amosou en todo momento gran entusiasmo e interese en poder participar e achegar o seu graíño de area na loita que a plataforma de veciños O Cruceiro de Meá estamos mantendo contra a localización de REGANOSA no interior da ría ferrolá.
Mañá martes 28 de agosto ás 19:30 horas, actuarán, nun recital de poesía, na mesma praza de Mugardos:
FERNÁN VELLO
EVA VEIGA
PEPE LEIRA
ROMA MENDEZ
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
El Correo Gallego 28.8.2007
www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=36&idNoticia=203280
Declaracións do ex presidente
Fraga di que Reganosa e a Cidade da Cultura son as súas mellores obras
"Os que defenden como gato panza arriba que Reganosa se vaia, só queren que se lles merque o seu silencio con cartos", afirmou este luns nunha cena homenaxe en Cabanas.
Nota....; yo, vendo mi silencio por unos 13.874,56 €+IVA + la voluntad....
Un abrazo y ¡muchos ánimos!
Antonio Gª II
Publicar un comentario